"O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor."
Recollendo as verbas do poema A fala de Manuel María, plantexamos este debate sobre o futuro da nosa fala cos alumnos de 1º de ESO do Francisco Aguiar. Modera a conversa Álex.
Recomendacións literarias: librosons
- Antoloxía poética de Manuel María por Lucas, Marta, Alex e Alén e Alba.
- Manuel María. Vida, versos e rebeldía por Gabriel, Daniel e Iria.
- Betanzos na voz dos poetas por Amaia, José, Raúl, Álvaro e Pedro.
- Terra Chá por Carmen, Serafín e Andrea
- Viaxes e Vagancias de M.P. por Antón, Iago, Verónica Iago Vázquez e Yago.
Era Manuel María Betanceiro?
Diego, Raúl, Alba, María, Martín e Adrián exploran o vencello entre o poeta e a cidade.
Betanzos: poesía
Dende Radio Aguiar facemos unha viaxe á poesía que fala da nosa cidade. As voces son de Celia, Antía, Javier, Alberto, Gabriel e Lucía.
Manuel María na Escola
Son as voces de Paula, Juan, Luis, Javi, Irati. Recrean unha clase, o fío condutor? Manuel María.
Quen era Manuel de Paderna?
Sara, Carmen, Alba, Hugo e Iago fan unha achega radiofónica a Viaxes e vagancias de M.P. Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, fala do vencello do poeta co Manuel de Paderna.
Que relación tiñan o betanceiro Xulio Cuns e o chairego Manuel María?
Preme no play e escoita a Pedro, Brais, Victor, Katherin e Iván, de primeiro da ESO do IES Francisco Aguiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario