miércoles, 4 de mayo de 2016

Letras Galegas 17 de maio?

No 1963 'Cantares Gallegos', de Rosalía de Castro, celebra o seu centenario. Dada a significación desta obra poética a nivel universal, (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega) presentaron á Academia a proposta de celebrar o 17 de maio de cada ano o Día Das Letras Galegas.
Por que o 17 de maio?  porque se decoñece a data de publicación do libro de Rosalía e o 17 de maio é cando a autora llo adicou a Fernán Caballero (pseudónimo da poeta Cecilia Böhl de Faber ).
.

lunes, 2 de mayo de 2016

Explorando Manuel María

Falamos con Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, que nos  recomenda as seguintes lecturas. ¡Tomade nota!


Betanzos en Manuel María

Manuel María, nado en Outeiro de Rei, deixa sentir na súa escrita o peso da Terra Chá. Algo habitual nos poetas nados no interior de Lugo. Sen embargo, Manuel María toma a Terra Chá como metonimia do resto de Galicia; pois amou a súa terra na totalidade. Concretamente, Betanzos era un lugar que adoitaba visitar, e na que o autor quería vivir, mais o traballo non llo permitiu.

No 1991 no libro Compendio de orballos e incertezas, atopamos un canto á cidade, e unha crítica:

Betanzos fermosísima, leda, xentil,
carne de soño e de pureza,
alfaia de precio na coroa
do antiquísimo reino de Galiza,
increíbel cidade, Orvieto noso,
gala, semente e flor do femenino:
¿que bárbaro foi o que chantou,
na mitade de tí, o rañaceos
—tal un falo impúdico, xigante
e monstruoso— que cha dá

un aspecto brutal de maroutallo?